Certame de lectura en voz alta que leva organizándose con notable éxito en Francia desde 2012. En España levan dúas edicións onde participaron miles de escolares. Nenas e nenos de 4o de Primaria len en voz alta un extracto dunha obra infantil. Quen mellor lea é escollido por alumnado de 5° e 6° de Primaria. Logo, organízanse varias rondas ata chegar á gran final, que se celebra na Feira do Libro de Madrid. Este ano imos facer un piloto no marco do HematoFesti, implicando oito escolas de Vigo e comarca. O neno ou neno gañadora, acudirá á Feira do Libro de Madrid para competir na gran final. Este feito supón a incorporación da lingua galega a esta iniciativa
ENTRADA LIBRE
Espazo que ofrece Nintendo para que todos os públicos poidan gozar dos seus videoxogos, no marco do HematoFesti.
ENTRADA LIBRE
Sesión de contos nos espazos con Deleite. Caxoto peparou unha peza con Barbavoa, unha obra infantil de Hematocrítico publicada por Nórdica Libros. A súa versión en galego chegará a librarías coincidindo co festival.
Idades: de 4 a 9 anos
ENTRADA LIBRE
CHEO
Un obradoiro para falar do humor gráfico para nenos e nenas de +6.
Falaremos de como o humor pode estar feito con palabras e tamén con imaxes. Veremos exemplos do humor na prensa e nas redes. Remataremos ilustrando a nosa viñeta de humor gráfico coa situación coa que queiramos facer sorrir a alguén. Os nenos e as nenas escollerán un chiste para ilustralo nunha viñeta.
Materiais: Lapis, lapis de cores e papel A4
Duración: 1 hora.
Idades: de 6 a 12 anos
ENTRADA LIBRE
CHEO
Ledicia Costas e Alberto Vázquez presentan a programación do HematoFesti e explican o espírito deste festival.
Intervención da escritora e amiga María Oruña
ENTRADA LIBRE
Trilitrate é unha agrupación musical que combina os xéneros folk, clásico e contemporáneo, para explorar novos territorios sonoros inspirándose en diversas paisaxes musicais e períodos históricos. É un proxecto multidisciplinar que combina unhas fermosas pezas visuais influenciadas pola animación clásica e realizadas en directo
ENTRADA LIBRE
As e os escolares de Vigo celebrarán a súa final no Auditorio Municipal para escoller á alumna ou alumno que representará a lectura en voz alta da LIX galega na final estatal de maio na Feria del Libro de Madrid.
ENTRADA LIBRE
Espazo que ofrece Nintendo para que todos os públicos poidan gozar dos seus videoxogos, no marco do HematoFesti.
ENTRADA LIBRE
Sesión de contos nos espazos con Deleite. O autor de varios libros infantís, David Rodríguez montou unha peza co libro de Hematocrítico Feliz Feroz, da que gozaron o curso pasado nas escolas galegas e que agora tamén terá presenza no HematoFesti.
Idades: de 4 a 9 anos
ENTRADA LIBRE
CHEO
Pedro Mañas e Ledicia Costas, dous dos autores máis relevantes da Literatura Infantil, conversan arredor da creación, a diversión e os videoxogos no Espazo Gaming Nintendo
ENTRADA LIBRE