Un obradoiro para falar do humor gráfico para nenos e nenas de +6.
Falaremos de como o humor pode estar feito con palabras e tamén con imaxes. Veremos exemplos do humor na prensa e nas redes. Remataremos ilustrando a nosa viñeta de humor gráfico coa situación coa que queiramos facer sorrir a alguén. Os nenos e as nenas escollerán un chiste para ilustralo nunha viñeta.
Materiais: Lapis, lapis de cores e papel A4
Duración: 1 hora.
Idades: de 6 a 12 anos