Iván R

Logo de traballar como ilustrador para cine, prensa, televisión, publicidade e teatro, levou a comunicación e deseño na fundación Fabrics for Freedom de Sybilla e deu clases de ilustración e deseño nunha escola de moda da cidade de Vigo e no IED de Madrid. Na actualidade dedícase ao mundo da edición e a dirección de arte, tarefas que compaxina co traballo no seu estudio.

Entre os títulos que ilustrou están “Etiqueta para todos” (2009), “Estamos no verán” (2014), “Teatro de guiñol” (2016), “Cociñando con Bolboretas no bandullo” (2018), “A araña que lles tiña medo ás arañas” (2019), “Meigas fóra!” (2020), “Darío a diario” (2021), “O neno de lume” (2022) ou “Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente” (2022). Edita e ilustra a colección “Os meus amigos”: “Gloria” (2023), “Federico” (2023) e ilustrou a serie de banda deseñada “Miñoca”  (2021-2024). En 2022 creou “Os Winkle. Máis finos ca un allo”, o seu primeiro traballo escrito e ilustrado. O último traballo no que colaborou vai da man de Ledicia Costas: “Porquelandia” o primeiro xogo de cartas para fomentar a creatividade feito en galego.