HEMATOCRÍTICO (A Coruña, 1976 - Navia, 2023)

O Hematocrítico converteuse nunha figura central en redes sen ningunha pretensión, alén de facer rir. Así gañou unha comunidade de miles de persoas que o seguían ata se converter nun xerador de opinión. Comentaba os acontecementos político-sociais con soltura e enxeño. De xeito case paralelo a isto, abriu un blog en formato Tumblr despois de visitar o Museo Louvre e pensar que sería divertido buscar obras de arte en internet e poñerlle subtítulos divertidos. Así naceu El Hematocrítico del Arte, unha iniciativa que voou ata conseguir unha comunidade de 500.000 persoas. Este proxecto saltou ao papel e acabou convertido nunha triloxía publicada por Caramba. Co nacemento del Hematocrítico del Arte foi onde se produciu un punto de inflexión na carreira dun mestre de infantil que coñecía os mecanismos do humor para nenas   nenos. De súpeto, había un público adulto entusiasmando cos seus chistes e  ropostas de humor absurdo.

No ano 2014 sae á venda da man de Anaya o seu primeiro libro infantil: Feliz Feroz,  lustrado por Alberto Vázquez. Esta obra converteuse nun éxito internacional, traducíndose a diversas linguas e adaptándose a formato musical en Corea. A partir  ese momento, Hematocrítico vai simultanear a súa carreira de humorista coa súa  carreira de autor de literatura infantil, ata converterse nun dos autores de referencia  do Estado, con máis de cincuenta libros para este público, co humor sempre coma motor e inspiración.

O seu traballo como guionista en Los Felices Veinte, capiteaneado por Nacho  Vigalondo, lévao a outra esfera: escribir chistes para televisión. O Hematocrítico pasa a ser un humorista de batalla, diante e detrás da pantalla, un autor multidisciplinar que abarca tantos ámbitos que acaba despedindo vinte anos de carreira como mestre infantil para dedicarse ao seu soño: facer rir a público infantil e público adulto. O  humor foi o seu tótem, no traballo e na vida. E a literatura infantil foi a canle que atopou para comunicarse co que el era en realidade: un neno dentro do corpo dun adulto.