© Zacarías Abad

Trilitrate

Trilitrate é un proxecto audiovisual que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á vídeo creación en tempo real dunha artista multimedia. A banda somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz, o hardcore…

Trilitrate fórmase en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Cuarteto Dumka, Peña, Fonogenia), Marcos Padrón no acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra e na voz (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera, Peña). En 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde, e realizan a gravación do seu primeiro disco, “Faláchesme na Man”. Eloxiado por crítica e público impúlsalles a uns 2014 e 2015 frenéticos de festivais, actuacións e colaboracións.

O seu exuberante talento e orixinalidade culmina a finais de 2016 coa publicación de “Frutal Death”, segundo longa duración da banda. O catro integrantes propuxéronse aquí sobrevoar e despois destruír todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada ademais por un salvaxe sentimento de independencia.

Actualmente, e tras o ingreso de Montse Piñeiro como nova xeradora da arte visual, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco “Está de Grelo”.