Raúl Curra, tamén coñecido na súa conta de Bookstagram como @thebookishblanket, estudou o grao en Educación Primaria e actualmente oposita a mestre. Soña con poder inculcar o gusto pola literatura ao seu alumnado, polas boas historias e a escritura. Cando non está estudando, lendo ou aprendendo cousas novas, divulga sobre literatura infantil e xuvenil nas redes sociais, onde recomenda libros a familias e docentes e fala sobre educación, sobre todo de atención á diversidade. Desfruta dos libros de fantasía, especialmente dos de bruxas e seres fantásticos. A quen non lle gusta unha boa historia ambientada nun mundo imaxinario?
A súa colección infantil favorita é “Anna Kadabra”, de Pedro Mañas e David Sierra