Nacho Vigalondo

Nacho Vigalondo vén de presentar en Sitges a súa última longametraxe, “Daniela Forever”, protagonizada por Henry Golding e Beatrice Grannò, que se estreará en cines o próximo 28 de febreiro.

Ademais, acaba de rematar a rodaxe da serie “Superestar” sobre a vida da cantante Yurena para Netflix, producida por Los Javis, creada por el e dirixida tamén por el e Claudia Costafreda.

En 2022 estreou “Nuestra bandera significa muerte”, unha serie estadounidense onde dirixe varios episodios xunto a Taika Waititi. Nos últimos anos dirixiu numerosas series como “Justo Antes de Cristo” (2019) para Movistar+, “El Vecino” (2019) para Netflix ou “Pooka (Into the Dark)” (2020) para Hulu en USA. De 2019 a 2021 tamén presentou Vigalondo “Midnight Madness” para TCM España e durante un ano o late night show “Los Felices Veinte “de Orange TV.

En canto a longametraxes, en 2007 dirixiu a súa primeira longametraxe “Cronocrímenes,” presentada no Festival de Sitges, e pola que foi nomeado á Mellor Dirección Revelación nos Premios Goya. Nos últimos años escribiu e dirixiu as longametraxes “Extraterrestre” (2011), “Open Windows” (2014) e “Colossal” (2016) protagonizada por Anne Hathaway e Jason Sudeikis coas que gañou varios premios internacionais que inclúen o de Mellor Película en Fantastic Fest.

Actuou en proxectos como “El otro lado” de Berto Romero ou na máis recente serie creada por Javier Calvo e Javier Ambrossi, “La Mesías” (2020).

As súas primeiras curtametraxes como director recibiron numerosos premios en festivais de todo o mundo. Tamén recibiu unha candidatura ao Óscar, entre outros premios, en 2004 poloa curtametraxe “7:35 de la mañana”.