Marcos Calveiro

Marcos Calveiro naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Teis. Exerceu a avogacía, foi DJ, técnico de son, taberneiro  e agora traballa como director de edicións na Editorial Galaxia. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor, o Lazarillo ou o Merlín. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, “Festina Lente”, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega.

En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela “Fontán” e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela “O xardineiro dos ingleses”. No ano 2022 publica a novela “Curros & Holmes No Misterio D’O Kapital”.