Manuel Bartual

Manuel Bartual é guionista. Creador do podcast de ficción “Biotopía” e co creador das audioseries “Santuario”, “Blum” e “Titania.” Para televisión escribiu, xunto a Carmen Pacheco, a adaptación de “Santuario” que estreará Atresplayer, e xunto con Modesto García escribiu e dirixiu o reality “#ElGranSecuestro” emitido por Playz de RTVE. Guionista e director da película “Todos tus secretos”, é tamén autor da serie de banda deseñada “Erwin, el gato cuántico” e da novela “El otro Manuel”. Colaborou en medios como El Jueves, MTV, Esquire ou El País. En Twitter alcanzou o primeiro posto do trending topic mundial cunha historia onde narraba en tempo real e en primeira persoa unhas misteriosas vacacións.