JOHN TONES é o pseudónimo habitual do xornalista, guionista e escritor Pedro Berruezo. Leva traballando case tres décadas como articulista e crítico en todo tipo de medios impresos e dixitais, case sempre baixo o pseudónimo John Tones. Colaborou escribindo sobre cine, banda deseñada e videoxogos en cabeceiras como eldiario, GQ, Fotogramas, Cinemanía, La Vanguardia ou Espinof, entre moitas outras. Coordinou Superjuegos Xtreme e dirixiu medios de creación propia como a colección de libros “Mondo Pixel” ou a revista digital “Canino”. Escribiu numerosos libros sobre cultura popular e actualmente codirixe o podcast Rancho Drácula e edita a sección de entretemento de Xataka. En canto a ficción, codirixiu a microeditorial “Prosa inmortal” e a longametraxe “Círculo interno”. Escribiu a novela “Nigromancia en el reformatorio femenino” e a recopilación de relatos “Grotespunk”, e publicará unha nova novela en 2025.