Jesús Félix Sacristán naceu en Segovia no ano 1980. Dúas décadas máis tarde, mudouse a Madrid e estudou unha diplomatura en Dirección de Cine na escola Septima Ars e Filoloxía Inglesa na U.N.E.D. A súa vida encamiñouse cara ao mundo do libro e formouse en corrección, maquetación e realizou un máster en edición. Traballou como externo para varias editoriais e como vendedor na máis grande libraría da cidade. Desde 2020 traballa na editorial Nórdica Libros, coordinando a colección infantil.