Antonio M. Fraga

Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976.

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como “O capitán Maimiño” (Tambre-Edelvives), “Papá caníbal” (Xerais), “Ningunha estrela levará o meu nome” (Oqueleo), “Como escorrentar un lobo” (Cuarto de Inverno) ou “Mica, Cuarzo e Feldespato” (Triqueta Editora).

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela “Querido H.P. Lovecraft” (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa” (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil e que foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.

No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra “santoamaro”, novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou éuscaro.

Premios

  • Premio Merlín de Literatura Infantil 2013
  • Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 2015
  • Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria 2017
  • Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil 2018
  • Premio da Gala do Libro á mellor obra xuvenil 2019
  • Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020
  • Premio Follas Novas ao Mellor Libro Xuvenil 2021

Obras

Literatura infantil e xuvenil:

  • Xildas. Sushi Books (2013)