Manuel Bragado, editor e mestre, entregou a súa vida á edición de libros. Un editor honesto, impecable e coidadoso que sempre soubo cal era a súa misión: acompañar as autoras e autores. Un home a quen queremos render homenaxe desde o HematoFesti polo seu labor a prol da literatura infantil e pola súa tremenda xenerosidade. Coa intervención da escritora Iria Misa, que lerá a laudatio, e do poeta Lois Pérez. Despois, o grupo infantil As Tareixas presentará algunhas das súas cancións.