O cine de animación chega a Hematofesti!
Nas mañás dos días 4, 5, 6, e 7 de novembro, María Lado visitará os colexios de Vigo e comarca para conducir unha divertida actividade educativa arredor da animación e a narración.
Máis de 250 escolares de 4 e 5 de primaria gozarán desta proposta innovadora, visionando as películas primeiro e xogando despois a crear historias coa Baralla da Fábrica de Contos, creada por María Lado e Iván R. para Hematofesti.
1// LUCE AND THE ROCK (Luce e a rocha), 2022
– País: Bélxica / Francia / Países Baixos
– Director/a: Britt Raes
– Técnica: 2D
– Sinopse: Un día, do nada, unha xigantesca rocha aparece no medio da pacífica aldea na que vive Luce. As persoas do pobo xa non poden nin sequera abrir a porta das súas casas! Luce enfádase: vaite Rocha, non debes estar aquí! E por que estás aquí?
2// VARKEN (Porco), 2022
– País: Países Baixos
– Director/a: Jorn Leeuwerink
– Técnica: 2D
– Sinopse: Un grupo de animais conecta unha rede eléctrica ao fociño dun gran porco durmido. Os animais usan a enerxía do porco para cousas simples ao principio, pero pronto se volven dependentes dunha cidade onde todo, o útil e o inútil, está automatizado… Canto tempo pode durar iso?
3// BOOM, 2022
– País: Francia
– Director/a: Charles Di Cicco – Gabriel Augerai
– Técnica: 3D
– Sinopse: Un par de paxaros bobo fan todo o posible para protexer os seus ovos dunha erupción volcánica
3// LOS CARPINCHOS (Capibaras), 2024
– País: Francia / Uruguay
– Director/a: Alfredo Soderguit
– Técnica: 2D
– Sinopse: Durante a tempada de caza, unha nai capibara escapa coas súas crías ata un galiñeiro xunto ao regato. A convivencia entre galiñas e capibaras vólvese tensa: hai sospeitas, límites marcados e un galo vixiante. Pero a curiosidade dun poliño e dun pequeno capibara abrirá a porta a unha amizade inesperada que desafía as normas do galiñeiro. Cando a ameaza humana se achegue, os animais terán que decidir entre o medo e a solidariedade. Unha historia sobre a desobediencia, a liberdade e os vínculos que nacen máis aló das especies.
EVENTO PRIVADO
Espazo con Deleite.
O autor de varios libros infantís David Rodríguez preparou unha peza co libro de Hematocrítico Feliz Feroz, que xa o ano pasado tivemos o privilexio de presentar en Hematofesti.
Gustounos e gustou tanto, que nesta II Edición mantemos este clásico de Hemato nas mans e voz do gran contador que é David.
Número de prazas: 20
Idades: de 4 a 9 anos
Duración: 50 minutos
Días das sesións: 4, 5 e 6 de novembro
Hora: 18:00h
Lugar: Asociación Évame-Oroza
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Neste obradoiro confeccionaremos ilustracións con tecidos compostos coma se fose un collage para crear unha escena.
Esta técnica xurdiu en Chile durante a ditadura militar e as pezas resultantes chámanse arpilleras. Estas obras eran realizadas por grupos de mulleres que plasmaban no seu traballo, a modo de comunicación e denuncia, a búsqueda dos seus familiares detidos e desaparecidos/as, así como outras temáticas sociais durante a ditadura. Co paso do tempo esta forma de expresión estendeuse a outros países de América Latina como Perú, Ecuador ou Colombia.
Despois de coñecer a historia desta técnica, inspirarémonos nas arpilleras populares para realizar o noso propio deseño. Empezaremos creando a ilustración que posteriormente será trasladado á tea. A partir dese momento escolleremos os apliques a utilizar, para rematar bordando pequenos detalles. No proceso, aprenderemos diferentes tipos de puntadas e técnicas para crear a nosa arpillera.
Idades: a partir de 10 anos. Non é necesario ter coñecementos previos.
Duración: 2 horas
Días do taller: 7 de novembro
Hora: 20:00h
Lugar: Galería MARACA
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Taller para xogar a Bruxas e Dragóns: Babá Iagá, un libro de Ledicia Costas e Luismi Pérez e ilustrado por Bea Gregores, que non só se le. Tamén se xoga!
A lectora ou lector é protagonista da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… Ou moi mal! Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.
Bruxas e Dragóns propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas, que viviremos neste taller coa súa ilustradora e o seu editor.
Idades: 10 anos en adiante
Duración: 1 hora
Días do taller: 7 de novembro
Hora: 18:30h
Lugar: Espazo Lector NOBEL Calvario
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Obxectivo:
Reconstruír os retratos perdidos da excéntrica familia Carapizza, creando caras únicas e divertidas usando “ingredientes” que atoparán nas mesa da sala. Cada retrato irá nun marco barroco na parede, devolvendo vida ao pazo deshabitado.
Os Carapizza é unha actividade que promove a acción artística e simbólica desde múltiples dimensións. Os nenos interveñen un espazo baleiro, devolvéndolle vida a través da creación de retratos que reconstrúen unha historia colectiva.
A acción maniféstase na execución plástica, na toma de decisións creativas, na construción de identidades a partir das cartelas e tamén na presentación oral final que engade unha capa performativa.
Idades: 6 a 10 anos
Duración: 50 minutos
Días do taller: 8 de novembro
Hora: 12:00h
Lugar: MARCO Vigo
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Cando Berto Fojo e os seus irmáns estaban aborrecidos, xogaban a debuxar.
Un irmán propoñía a idea de partida e cadaquén facía a súa versión. Rían moito.
Como o facían de cote, o xogo foise sofisticando. Cada vez había que fiar máis fino para que o resultado fose o máis gracioso… e acabaron un pouco chiflados!
Idades: 5 a 9 anos
Duración: 50 minutos
Días do taller: 8 de novembro
Hora: 11:00h
Lugar: Libros para soñar
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Cando Berto Fojo e os seus irmáns estaban aborrecidos, xogaban a debuxar.
Un irmán propoñía a idea de partida e cadaquén facía a súa versión. Rían moito.
Como o facían de cote, o xogo foise sofisticando. Cada vez había que fiar máis fino para que o resultado fose o máis gracioso… e acabaron un pouco chiflados!
Número de prazas: 20
Idades: 5 a 9 anos
Duración: 50 minutos
Días do taller: 8 de novembro
Hora: 13:00h
Lugar: Monster Factory
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Rena Ortega sabe moitas cousas acerca do mundo e da natureza. E sabe debuxar e ilustrar moi ben.
A autora gráfica do marabilloso libro Dinosaurios. Vida secreta, ama os dinosauros.
A mascota de Hematofesti este ano, e un dino…
Neste taller imos frikear con dinos… e con Rena!
Volverás a casa con cara de dinousario (ou mellor dito, coa túa propia máscara de dinosauro!)
Idades: 6 a 10 anos
Duración: 50 minutos
Días do taller: 6 de novembro
Hora: 19:30h
Lugar: Libraría A Klandestina
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Kamishibai significa teatro de papel.
Esta forma de contar naceu nos templos budistas de Xapón hai 9 séculos. Os monxes utilizaban uns pergamiños que combinaban textos e imaxes, chamados emaki, para crear historias didácticas. O gaito kamishibaiya, que era quen contaba, golpeaba dous paus para anunciar que chegaran ás vilas. As crianzas mercábanlle doces e sentaban escoitar e ver as historias que o gaito narraba cun pequeno escenario de madeira, coma de monicreques, chamado butai.
Natalia trae o butai e os pergamiños… pero ti terás que debuxar neles para convertelos en emaki e contar historias!
Idades: 5 a 9 anos
Duración: 50 minutos
Días do taller: 8 de novembro
Hora: 11:00h
Lugar: Libraría Miol
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO
Espazo con Deleite
Kamishibai significa teatro de papel.
Esta forma de contar naceu nos templos budistas de Xapón hai 9 séculos. Os monxes utilizaban uns pergamiños que combinaban textos e imaxes, chamados emaki, para crear historias didácticas. O gaito kamishibaiya, que era quen contaba, golpeaba dous paus para anunciar que chegaran ás vilas. As crianzas mercábanlle doces e sentaban escoitar e ver as historias que o gaito narraba cun pequeno escenario de madeira, coma de monicreques, chamado butai.
Natalia trae o butai e os pergamiños… pero ti terás que debuxar neles para convertelos en emaki e contar historias!
Idades: 5 a 9 anos
Duración: 50 minutos
Días do taller: 8 de novembro
Hora: 16:30h
Lugar: Libraría Vigo de Papel
RESERVA A TÚA PRAZA
CHEO