Berto Romero (1974, Cardona) é cómico, presentador, actor, guionista, director e todo o que prece. Xunto coa súa compañía El Cansancio realizou multitude de espectáculos, que desde hai 25 anos xiran por todo o país. En televisión, participou en distintos programas, aínda que destaca a súa presencia xunto a Andreu Buenafuente en distintos proxectos. Tamén o puidemos ver na gran pantalla, en películas como “3 bodas de más”, “Ocho apellidos catalanes”, “El pregón” ou “El mejor verano de mi vida”.
Actualmente, conduce xunto a Andreu Buenafuente o programa “Nadie Sabe Nada” (Cadena SER e HBO Max) e atópase inmerso na rodaxe de “El Otro Lado” (Movistar Plus+), a súa nova serie tras “Mira lo que has hecho” (Movistar Plus+).