Tigres Leones

Tigres Leones son Javier Marzal (voze guitarra), Luismi Pérez (guitarra e teclados), Paco Ramírez Gil (batería) e Miguel López Breñas (baixo).

As súas canción sempre abordan o catastrofista con algo de humor e certa dose de amargura.  Bailan entre diferentes xéneros (pop, rock, punk) e subxéneros (psicodelia, noise e mesmo bossa), pero sempre tentando facer o que lles sae e lles presta en cada momento.

Levan desde 2013 publicando os seus discos con Sonido Muchacho: “Mucho Spirito” (2013), “La Catastrofía” (2015), “El año de la Victoria” (2017) e un split con Petróleo (2019) o grupo de Ignatius Farray formado con, entre outros, Tigres Leones ao completo.

O seu último LP é“Todo va bien” (2023), un disco producido por Carlos Hernández (Triángulo de Amor Bizarro, Los Planetas, Airbag…) onde soan máis potentes e directos, e que está ateigado de colaboracións da escena indie e independente (Tulsa, Medalla, Marcelo Criminal, Caliza, Marta Movidas, Estrella Fugaz, Andrea Buenavista…) Un disco onde tentan ser pesimistas, pero non o conseguen (ou o contrario).