Sara Cano Fernández (Madrid, 1986) é licenciada en Filóloxía Árabe e Master de Edición pola universidade Autónoma de Madrid.
Actualmente é axente de dereitos internacionais en Penguin Random House Grupo Editorial. Anteriormente, traballou como editora na división de Literatura Infantil e Xuvenil en PRHGE e foi coordinadora de proxectos editoriais en España e en Chile, onde viviu tres anos. Tamén viviu en Italia e Francia. Traballou como colaboradora externa de editoriais, museos e axencias de deseño para as que redactaba textos, corrixía e traducía libros, principalmente de literatura infantil e xuvenil.
É autora das series “La Guerra 6ºA” e “Jurásico Total”, que escribe xunto co paleontólogo e divulgador científico Francesc Gascó, publicadas por Alfaguara I&J, así como de “Presidenta por sorpresa” e “Desobediente de repente” (Edebé) e das antoloxías de relatos feministas “El futuro es femenino” e “Érase una vez una princesa que se salvó sola” (Nube de Tinta).