Pedro Mañas

Pedro Mañas (Madrid, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa, pero centrou toda a súa vida profesional na literatura infantil e xuvenil. Aínda que é especialmente coñecido por coleccións de fantasía como “Anna Kadabra” e “Princesas Dragón”, tamén fai frecuentes incursións no mundo da poesía, do álbum ilustrado e, máis recentemente, do cómic para nenos.

A súas obras valéronlle diferentes galardóns no ámbito nacional e internacional, coma o Premio Barco de Vapor ou o Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, entre outros. Actualmente, Pedro compaxina o seu labor literario con actividades de promoción da lectura.

Das súas obras, os lectores e la crítica coinciden en destacar o humor, a orixinalidade e a capacidade para recrear o lado fantástico da vida cotiá.