As Tareixas

As Tareixas é un grupo musical de Redondela integrado por un pai, José Manuel Díaz e os dous fillos, Omara, de 7 anos, e Román, de 10. Acadaron o segundo posto na final do concurso infantil Quero Cantar celebrado no teatro Colón da Coruña co seu tema “A cadeira da avoa” cargado de humor, ritmo […]

Lois Pérez

Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre do ensino público, contador de historias, poeta e escritor. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. No eido da literatura xuvenil, con «A gruta da torre» (Xerais, 2022), gañou o V Premio Agustín Fernández Paz 2021 […]

Iria Misa

Iria Misa (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como autora deuse a coñecer coa novela “Xa non estou aquí” (Xerais, 2016), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. A súa produción está dirixida principalmente ao público infantil- xuvenil e inclúe títulos  como “Segredos […]

Anaír Rodríguez

Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa como editora en Edicións Xerais, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil […]

Víctor Mascato

Víctor Mascato é editor e responsable editorial de Triqueta, unha destacada editorial infantil con presenza en diversos mercados. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo, complementa a súa formación con un MBA en xestión, márquetin y comercio exterior pola Universidad Intercontinental de la Empresa e pola Universidade de Gales (UK). Desde 2017, […]

Eugenia Ábalos

Naceu en Mendoza, Arxentina, cidade onde se licenciou como deseñadora gráfica. Estudou ilustración na Casa de los Picos de Segovia e en Arte 10, de Madrid, onde vive desde 2004. É ilustradora profesional desde 2008. Traballa para varias editoriais, sobre todo de infantil-xuvenil, aínda que tamén ilustrou algúns libros para adultos. A súa técnica é […]

Martín Romero

Martín Romero (Boiro, 1981) é ilustrador, autor de cómics e director de animación. Combina todas estas disciplinas para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial, con clientes como El País, Seat ou Abanca. Os seus cómics foron publicados en revistas como Le Monde Diplomatique […]

Daniel Landesa

Si, agora seino con exactitude. O 29 de maio de 1985 a violencia tinguiu de sangue as gradas de Heysel. Daquela eu só coñecía o deporte rei tras abandonar un adestramento do CF Coia. Un adestramento durísimo no que me interesou por vez primeira e última ese deporte abominable. Apenas contaba oito anos. O 19 […]

María Lado

María Lado (Cee, 1979) é escritora, maiormente poeta, aínda que ten publicado tamén novela, relatos, contos para crianzas e textos de teatro. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte, onde comezou a recitar e publicar, participando en varios títulos do colectivo. Como poeta publicou “A primeira visión” (1997), “casa atlántica, casa cabaret” (2002), “berlín” (2005), “Nove” (2008), “Amantes” (2011), “oso, mamá, si?” (2015) -que foi […]

Sara Cano

Sara Cano Fernández (Madrid, 1986) é licenciada en Filóloxía Árabe e Master de Edición pola universidade Autónoma de Madrid. Actualmente é axente de dereitos internacionais en Penguin Random House Grupo Editorial. Anteriormente, traballou como editora na división de Literatura Infantil e Xuvenil en PRHGE e foi coordinadora de proxectos editoriais en España e en Chile, […]