Martín Romero (Boiro, 1981) é ilustrador, autor de cómics e director de animación. Combina todas estas disciplinas para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial, con clientes como El País, Seat ou Abanca. Os seus cómics foron publicados en revistas como Le Monde Diplomatique (Francia), Kuti Kuti (Finlandia), Stripburger (Eslovenia), Bile Noire (Francia), Mille Putois (Canadá), O Suplemento (Brasil) ou a americana Vice. As súas novelas gráficas “Las fabulosas crónicas del ratón taciturno” (2011), “Episodios Lunares” (2015) e “La deuda” (2017) foron publicadas tanto en España como en Francia. Actualmente está desenvolvendo a serie de cómics infantís “Uxío”, con dous títulos publicados ata o momento: “Uxío” (2019) e “Uxío e amigos” (2023). No eido audiovisual dirixiu dúas curtametraxes: “La noche” (2017), baseada nun dos seus cómics, e “To bird or not to bird” (2023)