María Solar

María Solar (Santiago de Compostela). É escritora e xornalista. Presenta o programa cultural Zigzag de Televisión de Galicia e coordina os programas culturais de CRTVG, medio no que desenvolveu unha longa traxectoria xornalística de máis de 20 anos. Como autora diríxese
tanto a público infantoxuvenil como a adulto. Escribe orixinalmente en galego e a súa obra pódese ler traducida ao castelán e catalán, e internacionalmente, en idiomas como italiano, portugués, polaco, chinés ou filipino. A literatura proporcionoulle numerosos recoñecementos.
“O meu pesadelo favorito” recibiu o premio Lazarillo e mellor libro infantil na I Gala do Libro Galego, entre outros galardóns, “Os nenos da varíola” foi elixida como mellor obra xuvenil na Gala do libro Galego e levada ao teatro. Algunhas das súas obras entraron na prestixiosa lista
White Ravens coa que a Biblioteca de Múnic elixe os mellores libros infantís do mundo. En 2022 gañou o premio Xerais de Novela con “A culpa”