María Oruña

María Oruña (Vigo, 1976), é unha escritora galega que exerceu durante dez anos como avogada e que na actualidade se dedica exclusivamente á literatura. Os seus libros foron traducidos a unha decena de idiomas e superaron o millón de lectores.

As súas novelas conforman un sorprendente híbrido entre historia, misterio e ciencia, e nelas desenvolve de forma deliberada distintos estilos literarios que fascinan a miles de lectores. O 2015 publicou o primeiro libro da famosa saga de Puerto Escondido, a cal pecha na actualidade, con seis títulos. A serie foi publicada na súa integridade polo editorial Destino (Planeta), acadando un extraordinario éxito de vendas e o recoñecemento da crítica pola súa calidade narrativa: “Puerto escondido” (2015), “Un lugar a donde ir” (2017), “Donde fuimos invencibles” (2018), “Lo que la marea esconde” (2021), “El camino de fuego” (2022) e “Los inocentes” (2023). En 2020, a autora publicou unha novela histórica de misterio independente á saga, “El bosque de los cuatro vientos” (Destino).

En marzo de 2024, e para sorpresa dos seus lectores, a autora publicou o seu primeiro libro infantil: “El tren fantasma”, editado por ANAYA, que recolle algún dos contos que María Oruña ideaba cada noite para o seu propio fillo.

PREMIOS

  • Premio Fundación de la Guardia Civil (2022)
  • Premio de Cultura Emilia Pardo Bazán en el País de las Rías (2023), outorgado pola Deputación de Pontevedra e o xornal Faro de Vigo
  • Emboque de oro (2024), outorgado por Casa Cantabria en Madrid.