© By Diego Delgado

Lucía Aldao

Lucía Aldao é unha poeta da Coruña que leva máis de media vida recitando nos escenarios máis variados. Poesía escénica, música, humor e animación cultural son as súas principais ocupacións profesionais. É autora dos libros “Todo isto antes era noite” (Apiario, 2018) e “Ninguén morreu de ler poesía” (Xerais, 2020), asinado por Aldaolado. É tamén a creadora e coordinadora do certame de narrativa temática do Concello de Curtis. Lidera a banda PAVA, coa que obtivo recentemente o Premio Martín Códax ao mellor proxecto de pop/indie.