© By Alba Díaz

Lois Pérez

Lois Pérez (Lugo, 1979) é mestre do ensino público, contador de historias, poeta e escritor.

No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval.

No eido da literatura xuvenil, con «A gruta da torre» (Xerais, 2022), gañou o V Premio Agustín Fernández Paz 2021 de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

Gañou o Premio Raíña Lupa 2022 de literatura xuvenil pola novela “A tribo do mar” (Xerais, 2023).

Gañou o Premio María Victoria Moreno 2023 de literatura xuvenil pola novela «Cartas na escuridade» (Cuarto de inverno, 2024)

Como poeta, publicou «LP» (2013) e «Long Play» (Xerais,2017), e gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por «Blues do rei Bergman=B.B. King» e xunto á fotógrafa Alba Díaz publicou “Lugo Philadelphia” (Xerais, 2023), libro de poesía e fotografía.

Fai parte do Comité de Redacción da Revista Luzes, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

Como guionista e narrador, participou en Acorda, cartografía musical da represión fascista na provincia de Pontevedra, dirixido por Uxía e que contou coa participación de Tanxugueiras, Ugía Pedreira e outras/os artistas do país.

É  director artístico do ciclo de poesía, música e artes plásticas «Versos na barraca», que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Lugo.

Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas.

Gañou o título de soldador de oxiacetilénica na Fundación da Construción.