Eugenia Ábalos

Naceu en Mendoza, Arxentina, cidade onde se licenciou como deseñadora gráfica. Estudou ilustración na Casa de los Picos de Segovia e en Arte 10, de Madrid, onde vive desde 2004. É ilustradora profesional desde 2008. Traballa para varias editoriais, sobre todo de infantil-xuvenil, aínda que tamén ilustrou algúns libros para adultos. A súa técnica é tradicional, sendo a acuarela e os lapis de cores os materiais que máis utiliza. Aínda que adoita vestir de negro, desfruta usando moita cor nas súas ilustracións.