Diego Arboleda

Diego Arboleda naceu en Estocolmo, Suecia, en 1976. Licenciouse en Filoloxía Hispánica na universidade Autónoma de Madrid. Gañou en dúas ocasións o Premio de Cuentos Ilustrados Ciudad de Badajoz xunto á ilustradora Eugenia Ábalos, con quen publicou en Anaya “La bufanda más grande del mundo” e “Fantasmada”. En 2012 obtivo o Premio Lazarillo de creación literaria pola súa obra “Prohibido leer a Lewis Carroll”, libro co que gañaría o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2014. En colaboración co ilustrador Raúl Sagospe, ademais de “Prohibido leer a Lewis Carroll”, tamén publicou “Mil millones de tuberías”, “Aventuras en espiral”, “Papeles arrugados”, “Los descazadores de especies perdidas” e “Elio”. É tamén, coa ilustradora Ana Zurita, o autor da parella de detectives “Lupas y Nanai”, un lobo e unha xirafa cuxas aventuras xa seduciron a máis de 150000 lectores. A súa nova colección, creada co ilustrador Mol, é “April Eye y los hermanos Manos”.