Carolina Iglesias & Laura Márquez

Carolina Iglesias e Laura Márquez son amigas desde que chegaron a Madrid (hai xa máis anos ca un bosque). Úneas a súa paixón polo guión, pola comedia e, sobre todo, por pasalo ben. Actualmente traballan xuntas en “Ni tan bien”, o late night que a radio precisa. Actualidade contada con humor, colaboracións, entrevistas e contacto directo co público. Bo rollo e un pouco “mamarracho”. Un programa onde falar das cousas que nos preocupan, das cousas que non nos deberían preocupar e das cousas que nos preocupan sen necesidade.

Coñecían e admiraban a Hematocrítico, con quen compartían a súa paixón pola comedia e, sobre todo, por pasalo ben.

Carolina y Laura unirán as súas forzas para tentar estar á altura do talento que se agarda neste festival. Non prometen nada, pero tentarano forte.

Laura Márquez. Licenciada en comunicación audiovisual pola universidade de Valencia, comezou como guionista de “El Club de La Comedia” alá pola época na que o presentaba Eva Hache e despois pasou a ser guionista, coordinadora de guión e colaboradora de Late Motiv, con Andreu Buenafuente. Agora segue a ser guionista e colaboradora en varios sitios (demasiados se lle preguntas) e fai teatro de improvisación. Sempre vencellada ao mundo do humor aínda que, como ela mesma di, o seu mellor chiste segue a ser ter o Máster en Creatividad y Guión de Televisión na Rey Juan Carlos.

Carolina Iglesias defínese como cómica, presentadora e creadora de contido. Actualmente co presenta «Estirando el Chicle» un dos podcast máis escoitados, co que encheron o Wizink Center batindo récords en espectáculos de comedia en vivo. E presenta “Ni tan bien”, un programa na Ser, a radio do rigor. Compaxina o seu traballo en medios audiovisuais coa creación de contido en YouTube e Instagram. Unha todoterreo millenial que pon voz a unha xeración.