Igual ca nos libros de O Bosque dos Contos de Hematocrítico ilustrados por Mar Villar e Alberto Vázquez, neste taller imos a dar unha volta a todos eses personaxes dos contos clásicos mediante un divertido onde cada nena e neno participantes elaborarán a súa propia versión dos clásicos, para crear novas versións (que poderían ser Carapuchiña de Hamelin, A Serea ra, A princesa con botas, A Raíña Pérez…)
A maxia da imaxinación permitirá que, usando tan só ceras, plastidecor, recortes, adhesivos e cartolinas, cada persoa poida converter os contos de sempre en novas historias.
Duración: 45-50 minutos
Idades: de 6 a 12 anos