Paco Roca é un dos artistas máis relevantes do panorama nacional. No ámbito da banda deseñada, a súa obra foi traducida a numerosas linguas. É imposible seleccionar unha manchea de obras na súa extensa e relevante bibliografía, que conta con 29 títulos. O mesmo acontece cos recoñecementos acadados polo autor, que recibiu galardóns coma o Premio Nacional de Cómic 2008, entre outros moitos de ámbito nacional e internacional. Algúns dos seus libros foron levados ao audiovisual, como é o caso de “Arrugas” (2007), que en 2011 foi dirixido por Ignacio Ferreras e recibiu os Goya á mellor película de animación e o mellor guión adaptado. En 2021, Alejandro Amenábar adaptou “El tesoro del Cisne Negro” a unha miniserie e en 2024 Alex Montoya estreou a adaptación cinematográfica de “La casa”. Tamén en 2024 estreouse en TVE o documental sobre o autor “Dibujando la vida”, dirixido por Batiste Miguel.