Espazo con Deleite
Ao longo de catro sesións, aprenderase a elaborar unha publicación amateur, desde a idea ata o momento de facer as copias da mesma. Partindo dun formato común, cada asistente elaborará o seu fanzine, escollendo a temática que máis lle interese e os recursos cos que prefira traballar. Ao final da actividade, levará unha copia da publicación e o material orixinal, a partir do cal poderá facer cantas copias queira.
Idades: 10 anos en adiante, sen límite.
Duración: 1 hora diaria, durante 4 días
Días do taller: 4, 5, 6 e 7 de novembro
Hora: 19h
Lugar: MARCO Vigo
RESERVA A TÚA PRAZA