MARCO Vigo
Novembro 8, 2025
12:00
0 prazas restantes

Taller de retrato OS CARAPIZZA con Iván R.

Espazo con Deleite

Obxectivo:

Reconstruír os retratos perdidos da excéntrica familia Carapizza, creando caras únicas e divertidas usando “ingredientes” que atoparán nas mesa da sala. Cada retrato irá nun marco barroco na parede, devolvendo vida ao pazo deshabitado.

Os Carapizza é unha actividade que promove a acción artística e simbólica desde múltiples dimensións. Os nenos interveñen un espazo baleiro, devolvéndolle vida a través da creación de retratos que reconstrúen unha historia colectiva.

A acción maniféstase na execución plástica, na toma de decisións creativas,  na construción de identidades a partir das cartelas e tamén na presentación oral final que engade unha capa performativa.

Idades: 6 a 10 anos

Duración: 50 minutos

Días do taller: 8 de novembro

Hora: 12:00h

Lugar: MARCO Vigo

RESERVA A TÚA PRAZA