Espazo con Deleite
Taller para xogar a Bruxas e Dragóns: Babá Iagá, un libro de Ledicia Costas e Luismi Pérez e ilustrado por Bea Gregores, que non só se le. Tamén se xoga!
A lectora ou lector é protagonista da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… Ou moi mal! Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.
Bruxas e Dragóns propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas, que viviremos neste taller coa súa ilustradora e o seu editor.
Idades: 10 anos en adiante
Duración: 1 hora
Días do taller: 7 de novembro
Hora: 18:30h
Lugar: Espazo Lector NOBEL Calvario
RESERVA A TÚA PRAZA