Espazo con Deleite
Neste obradoiro confeccionaremos ilustracións con tecidos compostos coma se fose un collage para crear unha escena.
Esta técnica xurdiu en Chile durante a ditadura militar e as pezas resultantes chámanse arpilleras. Estas obras eran realizadas por grupos de mulleres que plasmaban no seu traballo, a modo de comunicación e denuncia, a búsqueda dos seus familiares detidos e desaparecidos/as, así como outras temáticas sociais durante a ditadura. Co paso do tempo esta forma de expresión estendeuse a outros países de América Latina como Perú, Ecuador ou Colombia.
Despois de coñecer a historia desta técnica, inspirarémonos nas arpilleras populares para realizar o noso propio deseño. Empezaremos creando a ilustración que posteriormente será trasladado á tea. A partir dese momento escolleremos os apliques a utilizar, para rematar bordando pequenos detalles. No proceso, aprenderemos diferentes tipos de puntadas e técnicas para crear a nosa arpillera.
Idades: a partir de 10 anos. Non é necesario ter coñecementos previos.
Duración: 2 horas
Días do taller: 7 de novembro
Hora: 20:00h
Lugar: Galería MARACA
RESERVA A TÚA PRAZA