Colexios de Vigo e Comarca
Novembro 4, 2025
09:00

A ILUSIÓN DO MOVEMENTO

O cine de animación chega a Hematofesti!

Nas mañás dos días 4, 5, 6, e 7 de novembro, María Lado visitará os colexios de Vigo e comarca para conducir unha divertida actividade educativa arredor da animación e a narración.

Máis de 250 escolares de 4 e 5 de primaria gozarán desta proposta innovadora, visionando as películas primeiro e xogando despois a crear historias coa Baralla da Fábrica de Contos, creada por María Lado e Iván R. para Hematofesti.

 1// LUCE AND THE ROCK (Luce e a rocha), 2022

– País: Bélxica / Francia / Países Baixos

– Director/a: Britt Raes

– Técnica: 2D

– Sinopse: Un día, do nada, unha xigantesca rocha aparece no medio da pacífica aldea na que vive Luce. As persoas do pobo xa non poden nin sequera abrir a porta das súas casas! Luce enfádase: vaite Rocha, non debes estar aquí! E por que estás aquí?

 2// VARKEN (Porco), 2022

– País: Países Baixos

– Director/a: Jorn Leeuwerink

– Técnica: 2D

– Sinopse: Un grupo de animais conecta unha rede eléctrica ao fociño dun gran porco durmido. Os animais usan a enerxía do porco para cousas simples ao principio, pero pronto se volven dependentes dunha cidade onde todo, o útil e o inútil, está automatizado… Canto tempo pode durar iso?

 3// BOOM, 2022

– País: Francia

– Director/a: Charles Di Cicco – Gabriel Augerai

– Técnica: 3D

– Sinopse: Un par de paxaros bobo fan todo o posible para protexer os seus ovos dunha erupción volcánica

3// LOS CARPINCHOS (Capibaras), 2024

– País: Francia / Uruguay

– Director/a: Alfredo Soderguit

– Técnica: 2D

– Sinopse: Durante a tempada de caza, unha nai capibara escapa coas súas crías ata un galiñeiro xunto ao regato. A convivencia entre galiñas e capibaras vólvese tensa: hai sospeitas, límites marcados e un galo vixiante. Pero a curiosidade dun poliño e dun pequeno capibara abrirá a porta a unha amizade inesperada que desafía as normas do galiñeiro. Cando a ameaza humana se achegue, os animais terán que decidir entre o medo e a solidariedade. Unha historia sobre a desobediencia, a liberdade e os vínculos que nacen máis aló das especies.