Amaral son exemplo de que é posible lograr o apoio do público e da crítica. A súa forma de entender a música e a xestión da súa carreira, desde o compromiso e a liberdade, converteu a esta banda nun referente indiscutible da música española. Eva Amaral e Juan Aguirre coñécense en 1992 e, aínda sen disco no mercado, comezan a actuar en salas de Zaragoza e Madrid facéndose un oco na escena independente nacional. Durante estes máis de 25 anos de traxectoria tiveron a oportunidade de tocar xunto a grandes da música como Bob Dylan ou Moby, contar con colaboracións de excepción como Enrique Morente ou Peter Buck (REM), participar na homenaxe internacional a Nelson Mandela polo seu 90 aniversario ou protagonizar o tradicional concerto benéfico de Reis no Teatro Real de Madrid xunto á Banda Sinfónica de Madrid.
En 2024, Amaral presenta “Rompehielos” (xuño), “Ahí Estás “(agosto), primeiro r segundo adiantos do seu próximo e agardado disco, temas presentados á par, no seu directo nestes meses de xira. En setembro éditase “Libre”, terceiro adianto do novo traballo de Amaral, que se estreará antes de fin de 2024.
Amaral recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre os que destacan: o Premio Nacional de las Músicas Actuales, Premios Ondas, Premios MTV, Premios de la Música, candidatura ao Grammy Latino, Premios MTV Europe. En 2021 Amaral recibiu la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes.
Discografía:
- “Amaral”, 1998
- “Una pequeña parte del mundo”, 2000
- “Estrella de Mar”,2003
- “Pájaros en la cabeza”, 2005
- “El comienzo del Big Bang” , DVD,
- “Gato Negro- Dragón Rojo”
- “La barrera del sonido”, directo,
- “Hacia lo Salvaje”,2012
- “Nocturnal”, 2015
- “Nocturnal Solar Sessions”, 2017
- “Hijas del Cierzo”, 2017 himno realizado desinteresadamente para o Zaragoza Club de Fútbol Feminino co obxecto de axudar a visibilizar o deporte feminino no noso país.
- “Superluna: Directo desde el Planeta Tierra”, 2017
- “Superluna: Directo desde el Planeta Tierra”, SVD+CD, 2018
- “Salto Al Color”, 2019