Caxoto

CAXOTO é a persoa que se atropa tralo mostrador da trastenda. Naceu no 1979 e dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos, ben a través do teatro, do baile tradicional ou ben da música. De carácter inquieto e xoguetón nunca faltará unha idea atolada na súa cabeza, unha mirada pícara e curiosa e unha gargallada agromando nos seus beizos. Decide estudiar para ser Mestre na cidade de Lugo, pero axiña se dá conta de que prefire explorar outros campos como as artes escénicas, a educación non formal (ocio e tempo libre), o eido do social… rematando, co tempo, por conxugalo todo na súa traxectoria como narrador oral.